Fillas de Cassandra saúdo e declas sobre Hibernarse
- O lanzamento coincide coa presentación do sinxelo feito_a_man_v1, que reivindica a dedicación e o traballo artesanal fronte á produción en masa, e pon en valor a tradición e a identidade como oposición á uniformidade
- Hibernarse é un proxecto multiformato, híbrido e singular, que vai acompañado dun videofilme, dun fanzine e doutras propostas que o dúo desvelará nas vindeiras semanas
- A prevenda do vinilo e do fanzine creado por estas dúas artistas ábrese hoxe ás 20.00h
a través da páxina web de Altafonte
Vigo, 10 de abril de 2025.- Fillas de Cassandra revela este xoves o contido do EP Hibernarse, o seu novo traballo discográfico, no que o dúo vigués reflexiona, a través de diferentes prismas, sobre o concepto do tempo. Trátase dun proxecto multiformato e singular que versa sobre a construción social do tempo a través de distintas disciplinas artísticas. Un álbum, un videofilme, un fanzine e outras sorpresas conforman un universo que o grupo revelará, ao completo, nas vindeiras semanas.
Hibernarse é o resultado dun proceso de maduración musical e discursiva fiado devagar por María SOA e Sara Faro, as artistas que irromperon con forza no panorama musical galego coa publicación do seu aclamado álbum debut, Acrópole (2023, Tremendo Audiovisual). Após dous anos de crecemento como grupo e con máis dun cento de concertos ás costas, o dúo pecha esta etapa poñendo o foco sobre a pausa necesaria que esixen os procesos creativos e artesanais.
Desde o anuncio o pasado 12 de marzo da publicación do novo EP, o núcleo do universo Hibernarse, Fillas de Cassandra foi construíndo semanalmente, e fiando peza a peza, da man do seu público, esta proposta artística. A través de distintas entregas, Sara Faro e María SOA presentaron hibernarse -sobre os tempos da industria musical-, quebrantarse -arredor da memoria e da fragmentación do tempo roubado pola guerra- e arderse -que xira sobre as imposicións sociais e a produtividade-.
Este xoves Fillas de Cassandra publica nas plataformas dixitais a cuarta peza que completa o disco: feito_a_man_v1. Trátase de toda unha declaración de principios fronte á produción en masa e a aceleración dos tempos de consumo. Con este tema, que é o que abre o álbum, o grupo asina unha defensa do traballo manual, da paciencia e da autenticidade da artesanía «como formas de resistencia fronte a un mundo gobernado pola rapidez, a uniformidade e a optimización da produtividade da industria moderna».
«Imos á moda, todo feito á man» asevera a apertura do tema, unha sentenza que subliña a aposta do dúo polo traballo feito con tempo e dedicación, e que, asemade, introduce o debate sobre a identidade cultural e a perda da singularidade a prol dunha produción homoxénea e globalizada. A estrutura do propio tema, que constrúen con numerosas repeticións e xogos rítmicos, evoca a cadencia dun traballo manual «meticuloso e ben feito», co que queren convidar o público a reflexionar «sobre a súa relación co consumo e a velocidade á que desenvolven as súas vidas».
Hibernarse, producido por Greta Ch’aska, Mumbai Moon e Fillas de Cassandra, xa se pode escoitar desde este xoves 10 nas plataformas. O traballo físico -un vinilo que se poderá reservar desde hoxe mesmo, a partir das 20.00 horas, a través da páxina web de Altafonte-, irá acompañado dun fanzine moi persoal creado pola deseñadora galega Kika V. Ramil -en colaboración co dúo- a raíz das imaxes, reflexións, apuntamentos e lembranzas que María SOA e Sara Faro atesouran destes dous últimos anos e que queren compartir co seu público.
A saída do EP tamén coincide coa publicación dun videofilme que aglutina, nunha peza única, o contido musical de Hibernarse. A creación audiovisual, dirixida por Santi Iglesias, Sergio ‘Steel’ e as propias Fillas de Cassandra, relata todas as cuestións sobre as que reflexiona o grupo, mais tamén avanza outras partes do universo que se darán a coñecer proximamente. Nel, as artistas visibilizan o traballo artesanal a través das prendas de deseñadoras do país -Lidia Agra, Elísabet Millán, Tomás Álvarez (666Leira) e coconutscankill- e das xoias de cristal de Toda Frágil.
O videofilme, que bota a andar nun taller de costura para salientar a idea fundamental do proxecto -ao igual ca a portada do EP-, pódese ver na canle oficial de Youtube do grupo.

Videofilme Hibernarse: https://www.youtube.com/watch?v=QwcW4bgS1xw
Prevenda EP Hibernarse + fanzine (20.00h): https://shop.altafonte.com/