
Esta semana vén marcada pola celebración do Día de Rosalía de Castro.
Estás a tempo de te apuntar para gozar do caldo de gloria e do bolo do pote na homenaxe que a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza xuntando festa e reivindicación.
Tamén podes ir preparando o teu disfrace para a outra grande cita, a da GALA DO ANTROIDO o sábado no Auditorio Municipal Hernán Naval.
Polo medio, un foro de debate impulsado por A MARINHA.GAL sobre a soberanía dixital o venres ás 17.30 na biblioteca municipal e a presentación do libro de Francisco Peña ás 20.00 h no salón dos alcaldes.
Rematamos coa mostra PERPETUANDO, no teatro de Ribadeo o sábado, no que podes participar activamente dunha revisión crítica da historia da fotografía desde un punto de vista da igualdade de xénero.
Pásao ben!


