Nebulossa 2

Os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña vibrarán este verán ao ritmo de Zorra, tema seleccionado para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2024

O Atlantic Pride celebrará a súa quinta edición na cidade herculina do 7 ao 14 de xullo e no seu cartel está xa confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, ademais do citado dúo de electropop formado por María Bas e Mark Dasousa

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia  e Global Grafic

 

A Coruña, 06 de febreiro de 2024.- Nebulossa xa ten data para a súa esperada actuación no Atlantic Pride da Coruña. O dúo formado por María Bas e Mark Dasousa, gañador do Benidorm Fest 2024 celebrado a pasada fin de semana, encherá de electropop os Xardíns de Méndez Núñez da cidade herculina a noite do sábado 13 de xullo. Na cita non faltará o seu tema Zorra, seleccionado para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión este ano.

O Atlantic Pride celebrará a súa quinta edición do 7 ao 14 de xullo e no seu cartel, ademais de Nebulossa, está xa confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia  e Global Grafic.
 

O ORGULLO DO NORTE

A Coruña volverá ser a sede do Orgullo do Norte entre o 7 e o 14 de xullo para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular, que moi pronto desvelará novos nomes e actividades.

O Festival Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras e, en 2022, regresou á súa esencia con toda a forza, enchendo A Coruña e as súas rúas de música en directo durante oito xornadas. En 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar máis de 100.000 espectadores, marca que a cita se propón bater este ano. Desde a dirección do festival convidan ao público a non deixar de soñar: “as nosas redes sociais están sempre activas e abertas e sempre haberá espazo para as sorpresas no noso programa”.

O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia  e Global Grafic. Nace na Coruña no ano 2019 como un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social do noroeste.

 

atlantic artistas

SOBRE NEBULOSSA

Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Na Actualidade, é un dos participantes do Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a banda alicantina fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.

Me pones a 1000La colmenaAnocheArmada roja ou Me ha dado porno son algúns dos temas máis famosos desta troupe de electropop, cos que nos últimos anos percorreu escenarios de cidades como Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia, Castellón, etc. O grupo foi gañador do concurso de Studio Mans e pola súa presencia, no 2022, na preselección de San Marino Una voce per San Marino, certamen no que chegaron ata a última fase. En 2024, Nebulossa erixiuse como unha das grandes revelacións -ademais de favorita- do Benidorm Fest co seu tema Zorra, canción que supera o millón de escoitas en Spotify e coa que o dúo actuará esta mesma noite na primeira semifinal do certame.

Compartir