BARREIROS CONSIGUE O PREMIO MARÍA MOLINER QUE DESTACA OS MELLORES PROXECTOS A NIVEL ESTATAL
Barreiros, 2 de decembro de 2025. A biblioteca de Barreiros está de noraboa despois de acadar un dos premios do Concurso de Proxectos de animación á lectura María Moliner organizado polo Ministerio de Cultura para municipios de menos de 50.000 habitantes.
A entidade barreirense conseguiu un dos premios dotado cun importe de 2.777,77 euros xunto a outros 4 Concellos da provincia de Lugo e un total de 13 en toda Galicia.
Desde a concellería de dinamización e participación veciñal do Concello de Barreiros valoran positivamente este recoñecemento froito dun traballo continuado e planificado durante todo o ano, iniciando fai uns meses o primeiro club de lectura que está sendo un éxito no municipio. Según Dani García, concelleiro de dinamización “o traballo está sendo constante e planificado e este premio é a mostra dun bo funcionamento e unha boa coordinación co persoal técnico da biblioteca, ao que aproveito para darlle a noraboa”
