Coa colaboración da Universidad de Oviedo, Axuntar celebrará el venres 12 de decembre, na Facultad de Filosofía y Letras: Campus del Milán. C/ Francisco Rodríguez García, s/n 33011 Oviedo/ Uviéu as II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias. El acto comezará ás 9,30 h. A ENTRADA É LIBRE !
Por que non podes faltar ás II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias?
Estas xornadas son úa oportunidá única pra:
• Aprender con rigor científico: Exploraremos el estado actual, a historia da comarca e a Sociolingüística del galego de Asturias baseándonos nas investigaciois científicas máis sólidas e comunmente admitidas pola comunidade académica. Daremos luz sobre a lingua con certezas científicas!
• Abrir un foro de debate: Será un evento activo unde poderás discutir ideas, expoñer a túa visión e escuitar diferentes perspectivas, contribuíndo al enriquecemento mutuo, sobre os fundamentos del futuro del idioma.
• Conectar con expertos, relacionándote con especialistas, investigadores e outras persoas interesadas na diversidá lingüística da Asturias galegofalante e incluso volver saludar vellas e queridas amistades.
• Valorar as diversas identidades e contribuir á posta en valor deste patrimonio lingüístico fundamental que fai de Asturias un territorio diverso e aberto á galegofonía ou lusofonía.
Cremos que será un día importante pral galego de Asturias e pra asentar cimentos construtivos que rompen dinámicas de desánimo e abran portas e futuro pral noso galego.
