
Un evento multidisciplinar que combina música en directo, arte urbana, literatura e talleres participativos.
O cartel desta edición reúne a destacadas e destacados referentes do panorama nacional e galego como Xosé Maseda, Juli Giuliani, Terrae & Nastasia Zürcher, Rapariga DJ, Dein, DJ Griffi ou Meneo ademais de contar co grupo local Barreiros Gang.
Barreiros, 14 de setembro de 2026. O Concello de Barreiros presenta a terceira edición do festival de cultura urbana Son Urbán, un evento consolidado na axenda cultural do municipio que mestura as diferentes disciplinas da cultura urbana. A cita celebrarase o vindeiro venres 9 de outubro na Praza do Concello, converténdose nun punto de encontro da creación artística e a música en directo.
A iniciativa está organizada polo Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O cartel deste 2026 destaca pola presenza de recoñecidos nomes de artistas musicais e por unha potente combinación cultural aberta á mocidade e a poboación en xeral. O evento estará xestionado por Trasnosound na parte artística e contará ademais das propostas musicais con actividades de Vella Escola e a presentación do libro Somo HipHop.
Dende o consistorio avanzouse que nos vindeiros días se levará a cabo unha presentación oficial detallada do evento, na que se darán a coñecer os horarios definitivos e o resto de pormenores desta III edición do Son Urbán.







