
A Xunta Directiva de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, otorga os IV Premios Folgueira, cos que distingue a persoas e instituciois que traballan pola dignificación del noso idioma.
Os premiados nesta edición de 2026 son D. Pablo Quintana López, investigador e divulgador del patrimonio cultural da nosa terra e responsable da Editorial Canela, e D. Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica na USC e coordinador das primeiras Normas Ortográficas del galego de Asturias, publicadas en 1990.
A entrega dos galardois terá lugar el 10 de outubro de 2026 ás 16:30 horas na Biblioteca de Vilanova de Ozcos,
terra natal de Quintana. PuntoGal, entidade xestora del dominio .gal, patrocina esta cuarta edición dos Premios
Folgueira, como parte del sou compromiso coa lingua, a cultura e a comunidade galegofalante, independentemente das fronteiras administrativas.
El acto contará coa intervención de D. Manuel González González, presidente de PuntoGal, catedrático na USC e
coordinador científico del Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; Xabier Barcia López, profesor na Universidade de Oviedo e experto nos traballos de Dámaso Alonso sobre os Ozcos, e Natalia Jardón Pérez, presidenta de Axuntar.
Un encontro para celebrar el galego de Asturias! Esperámosvos!






