
Barreiros, 22 de abril de 2026. O Concello de Barreiros organiza un dos seus mercadiños estacionais que son sempre un éxito de xuntanza e participación. O mercadiño coincidirá co Día das Letras Galegas e haberá actividades para festexalo.
O mercadiño, como xa é habitual, celebrarase baixo carpa na Praza do Concello en horario de 11 a 20h e contará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Concello leva organizando este tipo de mercadiños desde o 2022
Segundo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros “buscábamos dinamizar o pobo despois da pandemia, que a veciñanza das distintas parroquias tivese unha escusa onde xuntarse e poder descubrir e mercar produtos de proximidade completando a xornada con distintas propostas nas que poder participar. E con esa premisa levamos organizando xa once mercadiños nestes últimos catro anos.”
O cartel coas actividades detalladas presentarase os vindeiros días nos que non faltará música en directo, degustacións, talleres primaverais e actividades para as crianzas.






